O Medio Maratón confía en chegar este domingo aos 1.500 inscritos

Na súa 23 edición consecutiva, manterá o seu percorrido habitual. As inscricións pecharán mañá ás 23.59 horas.
Publicado por o día 15/10/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

O Medio Maratón confía en chegar este domingo aos 1.500 inscritos

As rúas de Pontevedra acollerán este domingo, 21 de outubro, a 23 edición do Medio Maratón de Pontevedra Caixabank. Na presentación oficial realizada esta mañá no Concello, o director deportivo da proba, Víctor Riobó confirmou que até o de hoxe hai 1.050 inscritos, e a Sociedade Ximnástica, promotora do evento deportivo, confía en chegar aos 1.500. “aínda que é unha meta ambiciosa, é realista”, asegurou Riobó.

A participación ten un custe de 15 euros, pero os corredores terán dereito a unha camiseta da proba, ademais de todo o avituallamento.

As inscricións pecharán mañá ás 23.59 horas. Dende mañá pódense coller os dorsais na rúa Peregrina, número 6. E na xornada do sábado e do domingo, será no Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD).

Para mañá, 16 de outubro, ás 20.00 horas está prevista unha quedada de recoñecemento do percorrido. A saída será do pavillón do CGTD, acompañada da Policía Local.