O Ministerio de Fomento outorga outros 778.000 euros para a rehabilitación de vivendas en Vigo

O Plan de Rehabilitación e Rexeneración Urbana 2018-2021 está a permitir actuar en 315 vivendas nestes momentos, cun volume de inversión de 4,6 millóns dos que 1,8 proceden do Ministerio de Fomento. Onte mesmo, o Goberno Central adxudicou outros 778.000 euros á partida de Vigo para poder acometer unha segunda fase deste plan, dada a boa xestión executada con estes recursos.
Publicado por o día 23/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Ministerio de Fomento outorga outros 778.000 euros para a rehabilitación de vivendas en Vigo

O Plan de Rehabilitación e Rexeneración Urbana 2018-2021 está a permitir actuar en 315 vivendas nestes momentos, cun volume de inversión de 4,6 millóns dos que 1,8 proceden do Ministerio de Fomento. Onte mesmo, o Goberno Central adxudicou outros 778.000 euros á partida de Vigo para poder acometer unha segunda fase deste plan, dada a boa xestión executada con estes recursos.

Vigo contará en 2019 con 778.000 euros adicionais para a rehabilitación de vivendas no Casco Vello, Bouzas e Coia. O Ministerio de Fomento vén de ampliar a partida que recibe o Concello dentro do Plan de Rehabilitación e Rexeneración Urbana 2018-2021, que permite desenvolver nestes momentos 315 actuacións cun volume total de inversión de 4,6 millóns, dos que 1,8 proceden de Fomento. A boa xestión do Concello permite que Vigo sexa un dos poucos municipios galegos que poden recibir achegas extraordinarias como a que vén de outorgar o Ministerio de Fomento, que permitirá desenvolver un volume de inversión de 1,7 millóns nunha segunda fase deste programa estatal de rehabilitación de vivendas.