O Ministerio de Fomento, segue sen concretar unha data para supresión da peaxe Rande-Vigo

Publicado por o día 17/03/2019 na sección de Galicia,Vigo

O Ministerio de Fomento, segue sen concretar unha data para supresión da peaxe Rande-Vigo

O secretario xeral de infraestruturas do Ministerio de Fomento, José Javier Izquierdo Roncero, respondeu por escrito a unha carta enviada polas Asociacións Veciñais de Teis e Chapela, en relación as reivindicacións da supresión da peaxe Rande – Vigo, a conversión en tramo urbano da autoestrada AP9 desde Padín ao centro da cidade de Vigo e a implantación de medidas de protección fronte a contaminación acústica. 

O Ministerio de Fomento, segue sen concretar unha data para supresión da peaxe Rande – Vigo, vinculando a supresión aos conversas con Audasa, a conversión en tramo urbano e os acesos de Buenos Aires e Padín.

Desde os colectivos veciñais, consideran que se pode tomar a decisión da supresión da peaxe Rande-Vigo, aínda que se siga traballando na conversión da autoestrada AP9 en tramo urbano e nos acesos de Buenos Aires e Padín.

Queren lembrar  que o 23 de xaneiro de 2018 houbo un compromiso  do Ministerio de Fomento durante o goberno de Mariano Rajoy, de suprimir esta peaxe e despois de máis dun ano seguimos agardando.

Como é posíbel que logo de anos reivindicando a conversión da AP9 en tramo urbano desde Padín até o centro da cidade de Vigo, o Ministerio de Fomento aínda non teña elaborado  ningún estudo de tráfico ou proxecto cos acesos necesarios a realizar.

O Ministerio de Fomento,  asume a necesidade  de remodelar os acesos en Buenos Aires e Torres de Padín, na conversión en tramo urbano da autoestrada AP9.

En relación as medidas contra a contaminación acústica, seguimos agardando 39 anos para que se coloquen unhas pantallas que reduzan o ruído da autoestrada AP9 e o Ministerio de Fomento, fala agora de elaborar estudos de detalle que determine  aínda a  solución técnica.

O  que comprobamos nestes anos, que nin o goberno de Mariano Rajoy nin de Pedro Sánchez, tiveron vontade política, para eliminar a peaxe Rande – Vigo, a conversión en tramo urbano da autoestrada desde Padín ou medidas contra contaminación acústica. Só a mobilización social poderá conseguir estas  reivindicacións.