A Deputación de Pontevedra organiza este próximo xoves 14 de novembro, ás 12:30 horas, unha actividade cultural que se levará a cabo da man do colectivo Polo Correo do Vento e leva por título O misterioso caso de Antón Fraguas. Este acto terá lugar no CPI Aurelio Marcelino Rey García, no concello de Cuntis, e ten como finalidade fundamental homenaxear e poñer en valor a figura do etnógrafo natural de Cotobade, Antón Fraguas, ó que se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas.
A actividade, dirixida ao público infantil e xuvenil, mestura narración oral, música e un obradoiro de debuxo sobre a vida do polifacético persoeiro e estudoso da cultura galega, de xeito que se convirte nun modo de aprender de xeito lúdico. Á súa vez, o evento construirase a partir da obra de literatura infantil A detective Peregrina e o insólito caso Antón Fraguas.
Polo Correo do Vento, o colectivo que levará a cabo a actividade, e a Deputación de Pontevedra procuran con esta cita promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística entre os máis novos, así como achegarlles a cultura á vez que pasan un bo rato. Desta forma, o espectáculo chegará tamén ó Auditorio Municipal do Concello de Cangas o xoves 28 de novembro, ás 10:00 horas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.