O alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo en valor este venres as obras levadas a cabo recentemente na coñecida como Praza da Industria (Eugegio Fadrique) para realzar o Monumento ao Ferreiro. O Concello investiu un total de 22.500 euros na recuperación da glorieta situada na rúa Coruña.
“O resultado foi extraordinario, unha actuación moi acertada para dar valor a unha grande escultura”, sinalou o rexedor en referencia á obra do artista Guillermo Steinbrüggen inaugurada en 1970.
As obras, rematadas no prazo de catro semanas, permitiron renovar a cometida de rego, instalar nova sinalización de tráfico, bordos de granito, novo alumeado para o monumento e a rotonda, zona verde con plantas de temporada e acondicionamento do busto e a base do monumento con granito.
Noticias de última hora en Vigo
Una respuesta para "O Monumento ao Ferreiro loce de novo tras a reforma da Praza de Eugenio Fadrique"