O Museo do Mar de Galicia, xestionado pola Xunta, ofrecerá mañá o concerto de Paolo Latrónica, un dos nomes de referencia da nova xeración de cantautores uruguaios, na Lonxa do Reloxo da Nave Nova ás 12,00 h.
O seu estilo auténtico e persoal achega a canción de autor a estilos como o tango, a bossa nova ou o candombe, sempre co telón de fondo do rock. Os seus discos Saber más de vos e Dos caras y mujeres que saben a mar, son un revulsivo no panorama musical e traballou con outras destacadas figuras do eido, como Rulo y la Contrabanda, Presuntos Implicados ou Xoel López, entre outros.
O Museo do Mar de Galicia oferta un amplo abano de actividades culturais para os visitantes. Precisamente, desde o pasado mércores alberga a exposición O Camiño do Humor, do debuxante galego Luís Davila, O Bicheiro, unha escolma de 140 das súas máis destacadas viñetas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.