O Museo do Mar de Galicia acolle a exposición ‘As marcas de pescadores. Póvoa de Vazim e a Guarda’

A mostra, que poderá visitarse ata o 15 de setembro, dá a coñecer o código de identificación ancestral que empregaban os mariños destas dúas localidades
Por o 27/07/2019 | Sección: Cultura,Galicia,Vigo,Xunta de Galicia
O Museo do Mar de Galicia acolle a exposición ‘As marcas de pescadores. Póvoa de Vazim e a Guarda’
Compartir en:

O Museo do Mar de Galicia, dependente da Xunta de Galicia, acolleu hoxe a inauguración da exposición As marcas de pescadores. Póvoa de Vazim e A Guarda, que poderá ser visitada no espazo destinado a mostras temporais ata o 15 de setembro.

Ambas localidades conxugan un substrato cultural e socioeconómico similar ás beiras do océano Atlántico, por iso os pescadores e mariños compartían un código de identificación propio e ancestral co que marcaban os seus aparellos de traballo. Agora, a asociación de embarcacións tradicionais O Piueiro organiza esta mostra sobre estes códigos, dos que a súa orixe se remonta ao século XVIII.

O Museo do Mar de Galicia representa un emprazamento emblemático en plena ría de Vigo onde o visitante pode comprender a enorme vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu coñecemento.

Comentar noticia

Your email address will not be published.