O Museo do Mar de Galicia acolle a presentación de ‘Blanquísima su presencia, obra 1995-2020’ de Nelson Villalobos

O director xeral de Políticas Culturais da Xunta destaca o carácter antolóxico da mostra e do catálogo dado a coñecer hoxe, que se converterá “nunha publicación de referencia para aproximarse á obra deste importante pintor cubano-galego”
Publicado por o día 30/07/2020 na sección de Cultura,Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

O Museo do Mar de Galicia acolle a presentación de ‘Blanquísima su presencia, obra 1995-2020’ de Nelson Villalobos

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, o artista Nelson Villalobos e a directora do Museo do Mar de Galicia presentaron esta mañá neste centro museístico dependente da Xunta o catálogo da exposición Blanquísima su presencia, obra 1995-2020 do cienfueguero Nelson Villalobos. “Unha obra que escolma os aspectos plásticos fundamentais da universo creativo de Villalobos, cun marcado carácter Atlántico”, segundo explicou o representante da Consellería de Cultura e Turismo.

Anxo M. Lorenzo destacou “o carácter polifacético, a diversidade, curiosidade e fondura creativa” de Villalobos e explicou que esta publicación de carácter case antolóxico, representa “unha excelente oportunidade” para aproximármonos ao universo deste pintor durante un período cronolóxico extenso; xa que o catálogo escolma, describe e explica a través de textos de especialistas e poetas os últimos 25 anos da súa actividade plástica.

En concreto, neste inclúense artigos e poemas de Carlos Oroza, Javier Villaseñor, Ángel Escobar, Rufo Caballero, Aldo Méndez, Rito Ramón Aroche, C.A. Aguilera, Omar Pascual Castillo, Daisy Villalobos Leal, Ignacio Gómez de Liaño, Andrés Isaac Santana, Pablo Villalobos e do propio pintor. Uns textos que enmarcan as 62 pezas expostas na mostra temporal e quedan tamén reproducidas no libro. O volume, dado ao prelo pola Consellería de Cultura e Turismo, péchase cunha ampla cronoloxía ilustrada, configurándose así como obra de referencia obrigada para calquera estudoso ou afeccionado á arte de Villalobos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.