O NadalBus de Vitrasa percorrerá as luces de nadal de Vigo

O “NadalBus” poderá pagarse coa Tarxeta PassVigo cos descontos respectivos de cada usuario. O ano pasado, máis de 15.000 persoas subiron ao NadalBus para desfrutar das luces de Vigo.
Publicado por o día 22/11/2019 na sección de Galicia,Vigo

O NadalBus de Vitrasa percorrerá as luces de nadal de Vigo

Os vigueses e visitantes que se acheguen a Vigo durante as festas de Nadal poderán desfrutar un ano máis da iluminación navideña a bordo do “NadalBus”. Vitrasa rotulou tres autobuses turísticos que nestas datas se reconverten para ofrecer aos usuarios unha orixinal e bonita viaxe polas rúas iluminadas de Vigo.

Este servizo dará comezo o domingo 24 de novembro ás 18.30 horas. O NadalBus realizará viaxes todos os días ás 18.30, 18.50, 19.30, 19.50, 20.30 e 20.50 horas e durante as fins de semanas estas viaxes prolongaranse con saídas ás 21.30 e as 22.30 horas. O 11 de xaneiro será o último día do servizo.

Este ano como novidade e para evitar colas, os interesados en viaxar no NadalBus poderán facer a reserva a través da páxina web de Vitrasa dunha forma moi sinxela indicando día, hora e ruta e poderá pagarse coa Tarxeta PassVigo, introducindo o número de tarxeta na aplicación online, cos descontos respectivos de cada usuario. Para aqueles que non dispoñan da PassVigo, os domingos, luns, martes, mércores, xoves e festivos o coste da viaxe será de 5€ e os venres, sábados e vésperas de festivos, será de 7 euros. Os nenos ata os 3 anos incluídos viaxarán de balde.

O Cometa tamén formará parte deste servizo e estará instalado no centro realizando a función de taquilla para facer insitu a reserva do día en curso.

As cinco rutas, de entre 40 minutos e 1 hora de duración aproximadamente, comezarán e finalizarán en Policarpo Sanz, 12 (fronte a Casa das Artes) e realizarán os seguintes percorridos:

RUTA CENTRO

Policarpo Sanz – Gran Vía – Plaza España – Plaza América (Vuelta a la Plaza) – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz – Rep. Argentina – García Barbón – Policarpo Sanz

RUTA TRAVESAS – BALAÍDOS

Policarpo Sanz – Gran Vía – Plaza España – Plaza América – Florida – Manuel Castro – Estadio Balaídos – Avd. Balaídos – Avd. Castrelos – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz – República Argentina – García Barbón – Policarpo Sanz

RUTA CALVARIO

Policarpo Sanz – Urzáiz – Gran Vía – Plaza España – Pizarro – Urzáiz – Gregorio Espino – Jenaro de la Fuente – Rotonda Calle Aragón – Jenaro de la Fuente – Llorones – Urzáiz – República Argentina – García Barbón – Policarpo Sanz

RUTA TEIS – CALVARIO

Policarpo Sanz – García Barbón – SanJurjo Badía – Travesía de Vigo – Urzáiz – Rep. Argentina – García Barbón – Policarpo Sanz

RUTA TRAVESAS – BOUZAS

Policarpo Sanz – Gran Vía – Plaza España – Plaza América – Avd. Castelao – Tomás Paredes – Camilo Veiga – Tomás Alonso – Paulino Freire – Bouzas – Beiramar – Coruña – Plaza Eugenio Fadrique – Torrecedeira – R. Gaiteiro – Berbés – Cánovas del Castillo – García Olloqui – Reconquista – Policarpo Sanz

Toda a información sobre o servizo estará dispoñible na web e APP do Concello, así como na web de Avanza – Vitrasa.

Este novidoso servizo o que persigue é poder ver a iluminación de Nadal desde outra perspectiva, sobre rodas, evitando o tráfico e as aglomeracións de xente que se producen durante estas datas nas rúas.

O ano pasado foi o primeiro ano do NadalBus no que viaxaron máis de 15.000 persoas de diferentes destinos.