O náutico Pontecesures favorito logra a segunda posición en Arcos de la Frontera

Por o 01/04/2019 | Sección: Deportes,Piragüismo
O náutico Pontecesures favorito logra a segunda posición en Arcos de la Frontera
O conxunto cesurán acariñou a vitoria nun campionato no que o piragüismo galego conseguiu oito metais.
 
O lago de Arcos de la Frontera en Cadiz, acolleu durante esta fin de semana o Campionato de España de Novas Promesas 2019 no que participaron preto de 900 deportistas das categorías infantil e cadete.
 
Despois de dous días de competición o Club Náutico Pontecesures fíxose coa segunda praza do podio por detrás do Club Piragüismo Aranxuez. O equipo de Anxo Barrerio sumaba 1965 puntos, tan só 26 menos que o equipo madrileño, o terceiro posto levaríallo o equipo andaluz do Náutico Sevilla con 1955 puntos.
 
A xornada do sábado terminaba sen medallas para os galegos nas finais da categoría infantil. Sería na mañá de hoxe onde se lograban os oito metais para a delegación galega con tres ouros, tres pratas e dous bronces.
 
A primeira medalla da mañá recaía nas mans da canoista do Breogán do Grove Valería Oliveira, a padeeira meca gañaba a súa carreira na final C1 Cadete B con 25 segundos de vantaxes sobre a segunda clasificada do Náutico Pollença María Moreno, a súa compañeira de equipo María del Mar Prats sería terceira.
 
Pola súa banda a categoría muller C1 Cadete A terminaba cun triplete galego composto polas dúas deportistas do E. P. Cidade de Pontevedra Antía Otero e *Ángela Jorge primeira e segunda respectivamente, en terceiro lugar cruzaba a liña de chegada Rosalía García do Club Piragüismo As Torres.
 
O kaiak feminino tamén nos deixaba a Carmén Devesa do Breogán do Grove como vencedora na categoría K1 Cadete B. Devesa gañaba con máis de 20 segundos sobre Carla Vey e Lucía Val.
 
O Club Náutico Rodeira conseguiría dúas medallas de prata cos canoistas Yoel Becerra e Mauro Pardavila. Becerra terminaba en segunda posición na final de C1 Cadete A mentres que Pardavila o propio en C1 Cadete B.
 
Por último, Anxo García pertencente ao Club Piragüismo Verducido lograba subirse ao terceiro caixón do pódium na proba de K1 Cadete B, despois dun longo sprint cos seus adversarios Marcos Caballero e Rubén García.

Comentar noticia

Your email address will not be published.