Queda aberto ao público definitivamente o novo aparcadoiro de borde, en superficie e de balde, situado na parcela pensada para o futuro edificio das Artes (antigos terreos de Tafisa), un espazo que ten cabida para preto de 150 vehículos. Porén o aforo real desta nova área duplica e máis a súa capacidade nominal xa que o viario de acceso ten estacionamentos en batería que suman outras 200 prazas de libre uso.
Este aparcadoiro fora aberto de xeito provisional -a falta do solo estabilizado- entre o 9 e o 26 de agosto, coincidindo coas festas da Peregrina. Concluído o tempo de asentamento da última capa de rodadura está listo para o seu uso.
A entrada ao novo aparcadoiro é pola rúa José Malvar, o mesmo acceso que para o aparcadoiro de auto caravanas. Nel fíxose unha actuación branda de xabre, non de asfalto na zona dada a intención da Universidade de Vigo de recuperar a parcela para construír alí o edificio das Artes. Mentres este proxecto non sexa unha realidade, o Concello de común acordo coa institución académica crea este novo estacionamento de borde.
O Concello de Pontevedra pon a disposición da veciñanza e visitantes máis de 2.000 prazas de estacionamento en superficie gratuítas en dez aparcadoiros de borde -ou disuasorios-, ademais dun párking de auto caravanas.
Aparcadoiros de borde existentes:
- Aparcadoiro nos terreos do futuro Edificio das Artes, 150 prazas máis 200 na vía de acceso.
- Cabeceira da ponte dos Tirantes (ao carón do parking de autocaravanas), 65
- Ao carón do Estadio de Pasarón, 10
- A Parda, 100
- Explanada do recinto feiral e Rafael Areses 700
- Xosé Manuel Pintos (fronte ao Pavillón Municipal), 300
- Rúa Alexandre Bóveda, 155
- Contorna do IES Torrente Ballester, 150
- As Corvaceiras, 160
- Mollavao, 185
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.