O novo ascensor do Parque Camilo José Cela xa fixo 18.000 viaxes tras dous meses en marcha

Abel Caballero visitou este luns o novo elevador do Parque Camilo José Cela, posto en marcha o pasado 30 de xuño. O ascensor, construído con fondos FEDER dentro da estratexia Vigo Vertical-EDUSI, contou cun investimento de 2,8 millóns de euros e a obra tamén incluíu a mellora do parque.
Publicado por o día 24/08/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O novo ascensor do Parque Camilo José Cela xa fixo 18.000 viaxes tras dous meses en marcha

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns o novo ascensor construído no Parque Camilo José Cela polo Concello de Vigo -obra enmarcada en Vigo Vertical e cofinanciado con fondos FEDER dentro do proxecto de estratexia EDUSI- e posto en marcha o pasado 30 de xuño.

“É unha obra moi importante, de case 3 millóns de euros, que comunica as rúas Torrecedeira e Pi y Margall e que inclúe tamén unha praza moi moderna”, asegurou o rexedor durante a súa comparecencia en rolda de prensa. Segundo explicou, o elevador xa fixo nos dous meses que está en marcha un total de 18.000 viaxes, o que supón media de 321 viaxes ao día.

O novo ascensor ten unha torre de 25 metros e unha pasarela/miradoiro de 40 metros de lonxitude para salvar unha altura de 15 metros. Na súa base, a rúa Pi y Margall tamén foi ensanchada e creouse unha nova praza para conectar co parque Cela. Ademais, existe unha nova zona de xogos e de descanso,

Caballero tamén detallou as actuacións que xa están en funcionamento na cidade para mellorar a mobilidade peonil, tales como as escaleiras mecánicas de II República, Praza de Portugal ou Pizarro e os elevadores de Marqués de Valterra e San Salvador.

O alcalde tamén informou de que xa están en proxecto os novos tramos de cinta mecánica da Gran Vía e os ascensores de Thom Mayne e da praza da Estación, ademais das escaleiras da rúa Talude (Colexio Mariano). “Trátase do desenvolvemento de ámbito público de mobilidade máis importante de Europa, non hai ningunha cidade europea que teña algo similar ao que puxemos nos en marcha”, sinalou.

Comentar noticia

Your email address will not be published.