O novo Burger King de Mos pon a súa primeira pedra como un dos máis modernos de España

Xerará 25 postos de traballo e os candidatos seleccionaranse a través da Axencia de Colocación mosense mediante un convenio de colaboración coa empresa.
Publicado por o día 12/02/2019 na sección de Galicia,Mos

O novo Burger King de Mos pon a súa primeira pedra como un dos máis modernos de España

Esta mañá realizouse o acto de colocación da primeira pedra da obra de construción do primeiro restaurante Burguer King en Mos, que se ubica na zona comercial de Amieirolongo, parroquia de Sanguiñeda, situada na Estrada Porriño-Redondela.

Estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Mario Esteban, director xeral da empresa Kam, -franquiciado estratéxico da marca na zona norte-, Julia Loureiro, concelleira de Urbanismo mosense, Óscar Soto, concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, e o tamén edil Cándido Pérez; xunto co xefe de obra e a enxeñeira responsable do proxecto de obra.

Burger King Mos chega a Mos cunha proposta moderna e innovadora. Trátase dun edificio singular, de aproximadamente 400 metros cadrados, e situado nunha das principais vías da comarca.

Creación de emprego

Ademais, tal e como avanzaron a rexedora local mosense e Mario Esteban, Kam xerará uns 25 postos de traballo directos ocupados preferentemente por veciños de Mos (daráselles prioridade aos desempregados mosenses no proceso de selección) e grazas á Axencia de Colocación do Concello, coa que a empresa asinará un convenio de colaboración para levar a cabo o proceso de selección. Coa bolsa de desempregados do Concello de Mos tentaranse cubrir, polo tanto, estes 25 postos que se ofertarán grazas á apertura do novo Burguer King de Amieirolongo. Esteban, director xeral de Kam, insistiu en que buscan un perfil de traballador/a xoven, con vistas a que os novos traballadores poidan converter o seu posto en Burguer King nunha carreira profesional.

Datos da infraestrutura

A localización da localidade mosense, situada nun cruzamento de camiños é propiciada polo evidente dinamismo da zona e espera con ganas a chegada de Burger King e a súa hamburguesa emblema: A Whopper.

Este local unirase aos outros 4 Burger Kings xa existentes na comarca e será o número 27 en Galicia, tras o éxito das últimas aperturas en 2018.

Mario Esteban director xeneral da empresa Kam, franquiado estratéxico da marca na zona norte e que conta con 1500 empregados, presenta este proxecto que supón un investimento de 2,5 millóns de euros tendo en conta o terreo, urbanización e construción do edificio. Este estará equipado coas últimas novidades, dará o mellor servizo aos clientes, cos seus acenos de identidade: os alimentos frescos, de primeiras marcas e á grella (á “parrilla”).

O “play king”, especialmente deseñado para o público máis novo, dispoñerá de actividades interactivas. A aposta da marca é que os máis pequenos da casa poidan divertirse á vez que saborean as súas hamburguesas á grella.

En todo o establecemento, poderase apreciar a nova imaxe corporativa de Burger King denominada “Prime”. Unha imaxe casual sendo pioneiros no mundo do fast food e mellorando o ambiente e experiencia do cliente.

Burger King destaca por aspectos como sacar o dispensador de refrescos ao comedor para o uso persoal dos clientes (de xeito que poidan consumir toda a cantidade de bebidas que desexen), mellorar a nitidez dos paneis informativos grazas á instalación de pantallas dixitais ou dispoñer dun mostrador máis confortable.

O restaurante dispoñerá de kioskos dixitais para ofrecer ao cliente a posibilidade de realizar o seu pedido cómoda e rapidamente por si mesmos.

En definitiva, un novo establecemento na localidade mosense cun deseño interior coidado co obxectivo de crear un espazo idóneo para acoller a un rango de clientes cada vez máis amplo, que vai desde o público xuvenil e as familias, a segmentos de idade de adultos e maiores cada vez máis asiduos á cadea.

O establecemento presenta un aspecto exterior que responde o modelo Free Standing. É dicir, aseméllase a unha chalé individual, con máis de 20 prazas de aparcadoiro e servizo Autoking para que os clientes poidan pedir e recoller os seus pedidos sen baixarse do coche.

Os visitantes poderán experimentar en primeira persoa algúns valores fundamentais da compañía, como a profesionalidade aplicada para alcanzar os máis altos estándares de calidade e seguridade alimentaria ou a importancia concedida á hixiene no posto laboral. Do mesmo xeito, observarán aspectos relacionados coa xestión de equipos humanos tales como a depurada organización do traballo colaborativo que se aplica no establecemento.

“Por todo iso estamos de parabéns e orgullosos de seguir crecendo nunha zona con tantas posibilidades”, declarou Mario Esteban.

Comentar noticia

Your email address will not be published.