O novo centro de saúde de Bouzas abrirá as súas portas no primeiro semestre do próximo ano

O conselleiro de Sanidade visitou hoxe as obras de construción do centro e subliñou o seu alto de grao de execución, o que permitirán telo operativo antes do verán
Publicado por o día 04/12/2020 na sección de Galicia,Salud,Sanidad,Vigo,Xunta de Galicia

O novo centro de saúde de Bouzas abrirá as súas portas no primeiro semestre do próximo ano

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou hoxe que o novo centro de saúde de Bouzas estará operativo no primeiro semestre do próximo ano, e dixo que “unha vez rematada a infraestrutura, hai que proceder á súa dotación de mobiliario e equipamento, polo que a previsión é que antes do verán xa poda iniciar o seu funcionamento”. O conselleiro fixo este anuncio tras comprobar o avanzado estado de execución das obras do novo edificio sanitario.

No transcurso da súa visita, García Comesaña estivo acompañado pola delegada territorial, Marta Fernández Tapias; e o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente.

O novo centro de saúde, no que o Goberno galego está a investir preto de 1.4 millóns de euros, acometeuse para atender as necesidades de medicina xeral dos veciños do barrio de Bouzas, que actualmente reciben asistencia nos centros de saúde de López Mora, Beiramar ou Navia.

Unha vez posto en funcionamento, os pacientes se incorporarán cun criterio de voluntariedade; é dicir, se lles ofrecerá trasladarse ao de Bouzas, ou permanecer no que viñan tendo de referencia.

Seis consultas de medicina xeral e enfermaría

O Centro de Saúde de Bouzas está emprazado nas inmediacións da Alameda, entre as rúas Suárez Llanos e Ferreiros. Para a súa execución procúrase a máxima integración na contorna de acordo co establecido no Plan Especial de Reforma Interior (PEPRI) dese ámbito e mediante o mantemento e reprodución do volume e dos elementos característicos das construcións históricas que ocupaban as parcelas e que na actualidade se atopan practicamente abandonadas.

Por ese motivo, o centro de saúde consta de dous volumes construtivos, con dous plantas cada un, que suman unha superficie total de 860 metros cadrados e que se comunicarán mediante unha galería.

Estará equipado con tres consultas de medicina xeral, tres de enfermería e unha sala polivalente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.