O novo curso trae consigo o regreso das competicións deportivas

Julia Fuertes e Diego Pérez conseguiron cadanseu 1º posto nunha proba da Liga Galega de Orientación
Publicado por o día 16/09/2019 na sección de Galicia,Universidade de Vigo,Vigo

O novo curso trae consigo o regreso das competicións deportivas

Rugby, orientación, tenis…  Tras o parón estival esta fin de semana arrancaron de novo as competicións deportivas universitarias. Con sorte desigual para os os diferentes equipos, os mellores resultados acadáronos as e os compoñentes do Universidade de Vigo de Orientación que se desprazaron ata Forgoselos, nas Pontes de García Rodríguez, para participar alí na 5ª proba da XXVIII Liga Galega de Orientación, unha cita que o responsable do equipo, José Luis Armada, describía como “preciosa, dura e técnica” e na que se conseguiron dous primeiros postos: un na categoría Elite feminina, para Julia Fuertes, e outro na de Homes 14, para Diego Pérez, medallas ás que sumaron as de Ana Iglesias (mulleres 40) e Begoña Crespo (mulleres 45), que acadaron cadanseu segundo posto, e a de Vicente Pastoriza, que acadou un terceiro posto (homes 40).

No caso do equipo de +35 da Universidade de Vigo de Tenis caeu derrotado fronte o C.C.D. Sanxenxo por un axustado 3-4. Composto por Pablo León, Alfonso Santos, Alejandro Vega, Jorge Comesaña e Jaime Sieres nos partidos individuais quedaron cun 2-3 en contra logrando os puntos Pablo León, por 60 63, e Jaime Sieres, con 63 76. “Mágoa do encontro de Alejandro Vega que cedeu o seu punto no super-tiebreak cun resultado final de 3 63 5 10, despois tanto Alfonso como Jorge pouco puideron facer no seus encontros xa que caeron 63 62 e 60 63 respectivamente”, explica Comesaña, coordinador do equipo. Tras estes resultados nas partidas individuais, o obxectivo era gañar os encontros de parellas pero, finalmente, só conseguiron a vitoria no dobres 1, formada por Pablo León e Lois A. González, que gañaron por 63 75, mentres que a parella número 2, formada por Alejandro Vega e Jorge Comesaña, caeu por 61 62.


O inicio de liga non foi tampouco positivo para o Kaleido Universidade de Vigo de Rugby que caeu no campo do Urbieta por un contundente 76 19 ante o Gernika, un dos favoritos ao ascenso.

Comentar noticia

Your email address will not be published.