O novo espectáculo do grupo Cantajuegos estará en Castrelos dentro do programa Vigo en festas

Segundo adiantou este venres Abel Caballero, o Concello xa pechou unha nova actuación musical para o programa Vigo en festas do vindeiro verán. Nesta ocasión será o grupo Cantajuegos, que chegará a parque de Castrelos co seu espectáculo “Yo tengo derecho a Jugar – Tour 2018”.
Publicado por o día 23/03/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O novo espectáculo do grupo Cantajuegos estará en Castrelos dentro do programa Vigo en festas

O parque de Castrelos acollerá o vindeiro 4 de agosto (20:00 horas) o espectáculo “Yo tengo derecho a Jugar – Tour 2018” del grupo infantil Cantajuegos. Trátase, segundo avanzou o alcalde, dunha nova actuación programada dentro do Vigo en festas que organiza o Concello.

Abel Caballero destacou que o programa de festas do verán incluirá actuacións infantís como ao do grupo Cantajuegos. Ademais, xa están pechados os concertos de oan Manuel Serrat (21 de xullo), Maná (23 de xullo) e Raphael (2 de agosto).

Camiño a Camiño
Por outra banda, o rexedor informou de que este xoves comezou o Ciclo de Conferencias de Vigo, dentro do programa da nova temporada de Camiño a Camiño. A primeira charla correu a cargo de Isabel Rebollido, profesora da Universidade Autónoma de Madrid, e o tema elixido foi “A vida dos planetas”. O aforo do auditorio de VigoZoo completouse para esta primeira conferencia e ao longo das vindeiras semanas haberá novas charlas, sempre con entrada gratuíta ás 19:00 horas.

Así, o 12 de abril falarase de “O que ninguén me dixo antes de ter un can” , a cargo de Juan Freire, director de Ramalladas; o 26 de abril será o turno de “O mundo das orquídeas”, de Francisco José García Soto; o 10 de mayo o charla será “O cambio climático xa está aquí. Cómo nos vai afectar”, de Carlos Balseiro, físico y divulgador, e o 24 de mayo chega “O ceo de Vigo”, de Esther Pérez, física colaboradora da Universidade e directora do IES Beade. O ciclo pecha o 14 de xuño coa “Astronomía e reloxos biolóxicos”, de Ana Ulla Miguel, astrofísica de la Universidad de Vigo.