O novo parque infantil, pista deportiva e área de descanso de Navia abrirán a principios de 2019

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns adxudicación provisional das obras para construír o novo parque infantil, pista deportiva e área de descanso de Navia cun orzamento de licitación de 1,1 millón de euros e un prazo de execución de seis meses. O alcalde mostrouse “moi satisfeito” por un proxecto que conta tamén cunha zona para maiores.
Publicado por o día 09/04/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O novo parque infantil, pista deportiva e área de descanso de Navia abrirán a principios de 2019

O alcalde de Vigo informou este luns en rolda de prensa da contratación en Xunta de Goberno das obras para construír tanto o novo parque infantil de Navia como a pista deportiva e a área de descanso para que poidan estar xa finalizados a principios de 2019.

“Estou moi satisfeito pola aprobación das obras”, sinalou Abel Caballero antes de explicar que o orzamento municipal para esta instalación é de 1,1 millóns de euros. Cun prazo de duración das obras de seis meses, o rexedor sinalou que o proxecto conta cun área de xogo infantil con dous parques, un para menores e outro para maiores de seis anos.

O deseñado para os menores de seis terá máis de medio centenar de xogos e incluirá, como elemento singular, un carrusel xiratorio e o circuito “Montaña máxica”, ambos accesibles para cadeiras de rodas. O de maiores de seis anos tamén será inclusivo e terá unha megapirámide dobre de cordas de 13 metros de altura e capacidade para 125 nenos, un gran xogo temático de circuíto ou vías de tren tipo excalextric sobre montaña interior de xogos, un xogo múltiple en forma de tren locomotora, unha máquina xiratoria, un gran carrusel inclusivo e unha tirolina dobre.

Caballero explicou que o espazo deportivo incluido no proxecto será unha pista multideporte reglamentaria para a práctica do fútbol sala, baloncesto e balonmán. A área de descanso, engadiu o rexedor vigués, estará emprazada entre a deportiva e a infantil e terá bancos e mesas a modo de merendeiro, mesas de xogo de xadrez ou parchís, cargadores de móbiles, etcétera.