O número de peregrinos que utilizan a app do Camiño de Santiago impulsada pola Xunta de Galicia incrementouse máis dun 55% este ano, despois de que en 2017 xa rexistrara unha notable evolución. Ata o pasado mes, tivo 9.500 novas descargas, sumando máis de 30.000, o que consolida a súa utilidade.
Especialmente salientable é o tempo medio de cada sesión, de 4,45 minutos, tamén á alza, que acredita o interese dos contidos ofrecidos nesta app móbil, con información en tempo real das distintas rutas en Galicia, dispoñible nas plataformas iOS e Android de xeito gratuíto e que é posible consultar en galego, castelán e inglés. Entre os dez países que acumulan máis descargas atópanse España, Italia, Portugal, Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Brasil, Francia, Australia e México, con incrementos xeneralizados na maior parte deles.
Esta app, unha das máis descargadas de Turismo de Galicia, é unha das iniciativas do Plan Smart Camiño, desenvolvido en 2016 conxuntamente coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Avanzando nos obxectivos do Plan director do Camiño de Santiago, estanse a desenvolver numerosas melloras e accións nas distintas rutas coa vista no Ano Santo 2021. Respóndese así ás necesidades actuais da peregrinación, protexendo ao mesmo tempo os seus valores históricos, e favorecendo unha experiencia de calidade.
Información ao detalle
Os usuarios da app poden consultar información de utilidade como o trazado, a descrición, fotografías e datos sobre os diferentes itinerarios xacobeos, dos albergues, dos recursos turísticos e dos distintos eventos previstos nos diferentes concellos. Ademais, ten acceso ás condicións meteorolóxicas e ás direccións e contactos dos centros de saúde e emerxencias. A maior parte das súas funcións están dispoñibles sen necesidade de cobertura no móbil.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.