O número de positivos é de 33 pola COVID no Concello de A Guarda

Información sobre a situación sanitaria na Guarda por COVID-19
Publicado por o día 22/01/2021 na sección de Galicia,A Guarda

O número de positivos é de 33 pola COVID no Concello de A Guarda

A Guarda continúa no nivel máximo de restricións no que entrou o día 15 de xaneiro.

A día de hoxe, xoves 21 de xaneiro, os datos oficiais de Sanidade son:

  • O número de positivos é de 33
  • A incidencia acumulada a 7 días é 120 (casos por 100.00 habitantes)
  • A incidencia a 14 días é de 331 (casos por 100.000 habitantes).

A evolución nos últimos días está sendo mala en canto ao incremento no número de positivos, onte, 20 de xaneiro, batimos o record de contaxios nun so día dende o principio da pandemia con 12 positivos. O crecemento no número de infectados é continuo dende os primeiros días de xaneiro.

Con esta situación na evolución de positivos e de peche perimetral, o concello decidiu suspender o mercado do sábado de forma provisional. A súa vez, acordamos co club de balonmán Atl. Guardés que o partido deste sábado, fronte ao Balonmano Bera Bera, se celebre a porta pechada.

Para que esta situación empece a reverter, dende o concello pedimos a toda a poboación que extreme as medidas de seguridade individuais, sobre todo o uso de máscara, distancia interpersoal e hixiene de mans. Tamén pedimos que, na medida do posible, se limiten os contactos sociais.

A única maneira de controlar esta situación é coa colaboración de todos e cada un de nós.