O Outono Lírico traerá Tosca e o Barbeiro de Sevilla ao Teatro Afundación co apoio do Concello

O concelleiro de Cultura, Abel Losada, destacou unha vez máis a estreita cooperación entre Concello e a Asociación de Amigos da Ópera na posta en marcha da programación dunha nova edición do Outono Lírico. Nesta ocasión, poderemos gozar de Tosca e do Barbeiro de Sevilla no Teatro Afundación o 21 de setembro e o 27 de outubro, respectivamente.
Publicado por o día 17/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Outono Lírico traerá Tosca e o Barbeiro de Sevilla ao Teatro Afundación co apoio do Concello

Abel Losada e Daniel Diz presentaron esta mañá a programación prevista dentro do festival Outono Lírico 2019. Na súa intervención, o edil de Cultura defendeu a renovación da implicación do Concello nun proxecto que pretende cooperar la divulgación deste xénero musical, especialmente entre a mocidade.

O 21 de setembro o Teatro Afundación Vigo acollerá o concerto dramatizado de Tosca, será a primeira vez que se representa esta obra en Vigo con orquestración completa polo que se recorre unha versión semiescenificada. El barbero de Sevilla chegará á cidade o 27 de outubro, mentres o 5 de outubro será a quenda da gala Novas voces da Lírica Galega, con novos valores do panorama operístico galego onde se repasarán arias e conxuntos de fragmentos de óperas populares de autores como Rossini, Donizetti, Verdi…


Ao mesmo tempo, haberá actividades paralelas como o habitual ciclo de conferencias no que participarán críticos como Alejandro Martínez, Arturo Reverter, Víctoria Stapells ou Jacobo Cortines. Ademais, no Auditorio Municipal proyectaranse dous películas relacionadas coa ópera no cine.

Comentar noticia

Your email address will not be published.