O Parlamento aproba a proposta do PPdeG de consultar á UE a normativa da ría de Vigo regulada no vindeiro Proxecto de Lei de Mobilidade

Publicado por o día 03/10/2014 na sección de Partido Popular,Política

O Parlamento aproba a proposta do PPdeG de consultar á UE a normativa da ría de Vigo regulada no vindeiro Proxecto de Lei de Mobilidade

O voceiro de Infraestruturas indicou que “coa nova lei de mobilidade de Galicia e o acordo no transporte metropolitano se fixará un marco xurídico, económico e de servizos que permita o servizo de usuarios do transporte como merece a Área Metropolitana de Vigo”

– Gómez Alonso criticou “os bandazos do alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao respecto do transporte metropolitano que “será moi importante para o impulso tamén dos servizos marítimos, xa que estos se incluirían no billete subvencionado único xunto co transporte urbano da cidade”

 O Parlamento de Galicia aprobou, na sesión da Comisión de Ordenación Territorial celebrada hoxe, unha iniciativa do PPdeG encamiñada a garantir a necesaria mobilidade dos viaxeiros entre as dúas marxes da ría de Vigo, entre Vigo e Cangas e Moaña, e na que se solicita consultar á Unión Europea no avance da elaboración dun novo marco normativo como é o vindeiro proxecto de lei de mobilidade, para asegurar que este se axuste á legalidade, e fixar un marco temporal preferente para a realizacións destas actuacións.

O voceiro de Infraestruturas do PPdeG, Gómez Alonso, defendeu que a viabilidade do transporte metropolitano de Vigo “a piques de pecharse e aprobarse a espera de que o Alcalde da cidade se decida a impulsalo ou non” será moi importante para o impulso dos servizos marítimos “xa que estos se incluirían no billete subvencionado único xunto co transporte urbano da cidade”.Por elo instou ao alcalde Abel Caballero a que “deixe de dar bandazos e que se molle tamén polo transporte marítimo da Ría de Vigo”.

Gómez Alonso sinalou que a iniciativa “vai encamiñada a establecer directrices políticas e xurídicas para encauzar mellor a prestación de servizos nas augas interiores da Ría de Vigo e recordou que a problemática xurdíu cando o Tribunal de Xustiza da Unión Europea comunicou a anulación da lei galega que declaraba de servizo público de titularidade da Xunta o transporte marítimo de viaxeiros na ría de Vigo, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia.

“A partires de ahí o Goberno Bipartito na Xunta estableceu que con un simple rexistro se puidese ofrecer a prestación, establecendo unha barra libre para o servizo mentres que dende o PPdeG sempre defendemos que se regulase por autorización administrativa aínda que a nosa iniciativa non chegou a bo porto” indicou Gómez Alonso “.

O deputado popular recordou o “limbo lexislativo” co que se atopou o Goberno do PPdeG cando chegou á Xunta de Galicia “que aprobou a Lei para a modernización do transporte público en Galicia, que evitou a creba de empresas , a Lei do taxi ou a implantación do transporte metropolitano na maioría das grandes cidades de Galicia” e lamentou que “agora a oposición se bote as mans a cabeza ante un problema do que foron responsables aprobando a barra libre neste servizo”

O voceiro de Infraestruturas indicou que “coa nova lei de mobilidade de Galicia e o acordo no transporte metropolitano se fixará un marco xurídico, económico e de servizos que permita o servizo de usuarios do transporte como merece a Área Metropolitana de Vigo”

PRENSA GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR DE GALICIA