O parlamento aproba unha iniciativa socialista para mellorar urxentemente a seguridade no peirao de Laxe

Publicado por o día 25/01/2019 na sección de Política,PSOE

O parlamento aproba unha iniciativa socialista para mellorar urxentemente a seguridade no peirao de Laxe

A Comisión de pesca e marisqueo aprobou a iniciativa socialista para “mellorar urxentemente os problemas de seguridade no peirao de Laxe. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, presentou esta proposición non de lei e dixo que a solución pasaría nun primeiro lugar pola “realización da dragaxe coma un parche” e a realización dunha “medida definitiva” para “solucionar definitivamente os problemas do porto e da praia” que consistiría no “derribo de 70 metros de dique exterior”.

A deputada socialista  lamentou que pese a votar a favor, o PP continúe sen dar unha data para a obra e falou da “incompetencia absoluta” dunha xestión que leva 5 anos para se realizar “e mesmo formou parte dos orzamentos”. Ante esta situación sinalou que “a resposta do goberno foi sempre a mesma: Vaise realizar” aínda que o problema e que “non se determina en que prazo se realizará a obra” e continuase cunha obra que leva planeada dende o 2008 e que a pesares de que se anunciou, continua sen data.

A representante socialista recordou que o Estudo de alternativas para a mellora do porto de Laxe e a súa afección á praia, realizado no ano 2008, indicaba os perigos deste peirao tales como ondas largas, remuíños ou correntes moi intensas dentro do mesmo. Neste artigo falase tamén de que o basculamento da praia cara ó porto provoca a entrada de sedimentos, situación agravada pola última ampliación do dique. Este estudo rematou sinalando como solución definitiva a demolición duns 70 metros de dique exterior.

A parlamentaria socialista manifestou en base ao informe anterior que a medida e mais importante se cabe pois “a praia é un dos maiores atractivos turísticos da vila” e esta situación “estalle a quitar superficie”. Pediu por isto “comezar canto antes” pois “se un parche leva 5 anos non quixera imaxinar canto lle vai levar a solución definitiva” por que se non “igual cando a queiran acometer, si é que queren, chegan tarde”.

Toja Suárez lamentou que á vista da grave situación, o PP unicamente fixera publicidade e propaganda informando que xa estaban iniciados os trámites para a contratación do proxecto técnico en lugar de traballar para ofrecerlles aos mariñeiros e as súas embarcacións un refuxio fiable e adecuado.