O Parlamento aproba unha proposta socialista para que a Xunta que apoie a declaración do entroido de Viana do Bolo Festa de Interese Turístico Nacional

📣 Publicado por el 06/02/2020 en la sección de Política - PSOE

O Parlamento aproba unha proposta socialista para que a Xunta que apoie a declaración do entroido de Viana do Bolo Festa de Interese Turístico Nacional

A Comisión de Turismo do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que apoie a declaración do Entroido de Viana como Festa de Interese Turístico Nacional. A iniciativa foi presentada pola deputada socialista Noela Blanco, que lle pediu o apoio da Xunta para impulsar os trámites legais para proceder á dita declaración.

A deputada socialista sinalou que o entroido de Xinzo da Limia acaba de conseguir a distinción como festa de interese turístico internacional e Verín é de interese turístico nacional, mentres que o de Viana do Bolo segue agardando os trámites necesarios que recoñezan o valor da súa festividade máis importante. Nesta liña Blanco lembrou que o entroido desta localidade “cumpre con todos os requisitos para recibir dita distinción que fomentaría o impulso económico da rexión”.

Blanco lembrou que o Pleno do Concello de Viana do Bolo xa no ano 2014 a proposta do Grupo Socialista solicitara o inicio dos trámites para declarar o entroido de Viana do Bolo de “interese turístico nacional”. Naquela ocasión a Xunta afirmara que “non consta que tivera entrada en Turismo de Galicia solicitude de declaración de festa de interese turístico nacional do Entroido de Viana do Bolo”.

A responsable socialista sinalou que o entroido desta localidade cumpre con todos os requisitos para acadar o título de festa de interese turístico nacional. Estes contemplan a historicidade da festividade, a súa continuidade no tempo, o arraigamento da mesma na localidade e a orixinalidade e diversidade dos actos que se realicen. Blanco asegura que o entroido de Viana do Bolo cumpre de sobra con todos estes requisitos.

Publicidade sexista

A responsable socialista denunciou a campaña publicitaria de determinados pubs ourensáns que “están a empregar elementos sexistas nos seus carteis” para anunciar o inicio do entroido de Verín. Esta publicidade emprega a recente polémica co paridoiro de Verín como reclamo publicitario do entroido o que está a provocar malestar entre os veciños e determinados colectivos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.