O Parlamento demanda ao Goberno central que impida o impacto negativo da instrución ministerial que pon trabas administrativas á importación de pesca procesada ou conxelada

A portavoz do Mar, Teresa Egerique, afirmou que este tipo de medidas “restan competitividade ao sector pesqueiro galego, especialmente ao porto de Vigo”
Publicado por o día 29/05/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O Parlamento demanda ao Goberno central que impida o impacto negativo da instrución ministerial que pon trabas administrativas á importación de pesca procesada ou conxelada

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central a adopción de medidas efectivas que eviten restar competitividade ao sector pesqueiro galego e impedir o impacto negativo que ten a instrución ministerial que impón trabas administrativas á importación de pesca procesada ou conxelada, especialmente no porto de Vigo.

A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, lembrou que a instrución do Ministerio de Sanidade “provocou a paralización de contedores e o seu desvío a Portugal, reactivando a fuga de mercadorías do porto de Vigo”. En concreto, esta instrución impoñía trabas administrativas ás importación de produto desde terceiros países, especialmente desde China, xa que recollía que o 100 por cento das súas partidas tiñan que pasar por un proceso de verificación, no que se esixía aos operadores que aportaran unha copia dos certificados de captura para avalar que o peixe foi conxelado, procesado ou transportado a bordo de buques autorizados pola Unión Europea.

“Con esta modificación, os buques, plantas procesadoras ou almacéns frigoríficos que traballen co produto importado deberán figurar na lista de establecementos autorizados a exportar os seus produtos á Unión Europea”, explicou Teresa Egerique, quen engadiu que “no caso de que só figure a autorización da planta ou establecemento de expedición do control sanitario, os inspectores deberán solicitar ao interesado unha copia dos certificados de captura”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.