O Parlamento demanda que a Xunta elabore unha proposta alternativa e sustentable para o depósito de materiais procedentes do dragado do Lérez

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular en En Marea, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta á elaboración, conforme a normativa vixente e ás directrices existentes respecto deste tipo de actuacións, dunha proposta alternativa e sustentable para o depósito de materiais procedentes do dragado do río Lérez, de tal forma que se garante que estes non afectarán a ningunha das rías galegas, en especial á ría de Arousa.
Por o 26/06/2019 | Sección: Partido Popular,Política
O Parlamento demanda que a Xunta elabore unha proposta alternativa e sustentable para o depósito de materiais procedentes do dragado do Lérez
Compartir en:

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular en En Marea, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta á elaboración, conforme a normativa vixente e ás directrices existentes respecto deste tipo de actuacións, dunha proposta alternativa e sustentable para o depósito de materiais procedentes do dragado do río Lérez, de tal forma que se garante que estes non afectarán a ningunha das rías galegas, en especial á ría de Arousa.

O deputado popular Jacobo Moreira explicou que “a Xunta ten o compromiso de levar a cabo o dragado da área da ría de Pontevedra e o estuario do río Lérez, un proxecto no que se prevé a extracción duns 330.000 metros cúbicos de materiais, principalmente de area e áridos finos”. En concreto, apuntou que “109.000 metros cúbicos serán empregados para rexenerar o banco marisqueiro de Campelo, o que demostra que non se trata de material contaminante”.

“Diante das numerosas afirmacións inexactas realizadas sobre este proxecto, a verdade é que a dragaxe aínda non comezou porque nin sequera está aprobado o proxecto”, dixo o deputado popular. Por este motivo, demandou aos grupos da oposición que “non alarmen nin contribúan a alamar ao sector, porque non hai motivo algún”.

CON TODAS AS GARANTÍAS

Moreira asegurou que “a dragaxe se vai facer con todas as garantías ambientais e administrativas, e iso inclúe a elaboración dunha proposta alternativa e sustentable para o depósito dos materiais procedentes desta actuación”.

Así mesmo, engadiu que “neste momento Portos de Galicia non ten autorizado ningún vertido porque non ten competencia para facer tal cousa, xa que a correspondente autorización de depósito no mar ten que ser validade finalmente pola Administración marítima, previo informe favorable da autoridade competente en materia de costas”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.