O Parlamento demanda que Xunta e Concello colaboren para a cesión do uso da loxa vella de Camariñas, unha vez sexa solicitado pola entidade local

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a colaborar co Concello de Camariñas para chegar a unha cesión de uso do edificio da lonxa vella, unha vez que a entidade local faga a solicitude preceptiva.
Publicado por o día 17/01/2020 na sección de Partido Popular,Política

O Parlamento demanda que Xunta e Concello colaboren para a cesión do uso da loxa vella de Camariñas, unha vez sexa solicitado pola entidade local

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a colaborar co Concello de Camariñas para chegar a unha cesión de uso do edificio da lonxa vella, unha vez que a entidade local faga a solicitude preceptiva.

Fernández Prado manifestou que “a día de hoxe non existe ningunha solicitude por escrito presentada polo Concello de Camariñas na que se pida a transferencia da titularidade da antiga loxa”. Neste sentido, apuntou que “non é posible transferir a titularidade do edificio xa que se atopa ao final do peirao, actualmente con uso pesqueiro, polo que está inmerso dentro da actividade portuaria e non se da a circunstancia de atoparse integrado no tecido urbano da localidade”.

Porén, o deputado popular apuntou que “a alcaldesa de Camariñas é coñecedora, logo da reunión que mantivo coa presidenta de Portos de Galicia, da disposición da Xunta de ceder o uso do edificio da antiga lonxa ao Concello, cesión que se faría a través dunha concesión logo da solicitude expresa por parte municipal para usos autorizados pola vixente lei portuaria”.