O Parlamento galego acollerá a sesión de investidura do Presidente da Xunta os días 1 e 3 de setembro

Pedro Puy afirmou que na Xunta de Portavoces tamén se fixou para o vindeiro xoves 20 de agosto a constitución de todas as comisións parlamentarias.
Publicado por o día 17/08/2020 na sección de Partido Popular,Política

O Parlamento galego acollerá a sesión de investidura do Presidente da Xunta os días 1 e 3 de setembro

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe, logo da primeira reunión da Xunta de Portavoces da XI lexislatura, que a sesión de investidura do Presidente da Xunta no Parlamento galego celebrarase os días 1 e 3 de setembro. Así mesmo, informouse que a sesión plenaria de apertura da XI lexislatura teña lugar o 8 de setembro.

Pedro Puy afirmou que na Xunta de Portavoces tamén se fixou para o vindeiro xoves 20 de agosto a constitución de todas as comisións parlamentarias.

O proceso de investidura do Presidente da Xunta dará comezo o vindeiro luns, 24 de agosto, a partir das 10.30 horas, cando o Presidente do Parlamento galego fará as preceptivas consultas con todos os grupos parlamentarios para, unha vez escoitada a Mesa, propoñer ao candidato.

Cuestionado sobre as medidas adoptadas para a prevención e loita contra a Covid-19, o portavoz popular subliñou que “a Xunta, lonxe de estar parada, está a ser unha administración avanzada, adoptando medidas e acordos que despois se trasladan a nivel nacional”.

Así mesmo, lembrou que o Presidente Feijóo “xa demandou antes da celebración das eleccións autonómicas a adaptación da normativa do Estado para que as comunidades autónomas  tivesen instrumentos que lles permitisen tomar decisións inmediatas ante a expansión da Covid-19”. “Sería bo avanzar nesa lexislación para conseguir unha maior coordinación e claridade sobre como actuar por parte das comunidades autónomas”, apuntou.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.