Así mesmo, demanda que se diten as instrucións pertinentes para exercer o posible control dos buques de bandeira británica que atraquen nestes peiraos, a través das patrullas ou unidades do Servizo Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil.
O deputado popular Alberto Pazos explicou que “a chegada inminente da data límite para a saída e a falla de acordo sobre os termos poñen ás administracións nunha tesitura de ter que dispor de plans de continxencias para atender aquelas necesidades que, derivadas das competencias atribuídas, xurdan ao abeiro desta nova situación na que o Reino Unido pasaría a ser un Terceiro Estado”.
CONTROIS NOS PORTOS AUTONÓMICOS
“A este respecto, para que os produtos procedentes de buques británicos se poidan comercializar en Galicia é preciso que pasen previamente por trámites e inspeccións aduaneiras e de control hixiénico-sanitario que dependen da Administración Xeran do Estado, cuestión prevista nos portos de interese xeral pero que deberá ser atendida tamén nos peiraos de competencia autonómica”, indicou.
Alberto Pazos manifestou que “existen varios portos de competencia autonómica onde se producen descargas e primeiras vendas de produtos do mar procedentes de buques de pavillón británico, e mesmo tres dese peiraos, como Burela, Celeiro e Ribeira, teñen lonxas concesionadas a empresas conformadas por armadores e comercializadores, polo que a súa implicación na solución debe ser tida en conta”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.