O Parlamento insta á Xunta a levar a cabo as actuacións comprometidas para o mantemento da dársena do porto de Camariñas

O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a levar a cabo, antes de que remate este período de sesións, as actuacións comprometidas no seu día, para o mantemento da dársena do porto de Camariñas.
Por o 06/05/2019 | Sección: Partido Popular,Política
O Parlamento insta á Xunta a levar a cabo as actuacións comprometidas para o mantemento da dársena do porto de Camariñas

“A pesar de que as tarefas de mantemento desta pasarela corresponden ao Concello, a Xunta xa está a avaliar e definir a mellor fórmula para reforzar os paneis laterais con outros materiais, de xeito que se evite a periódica rotura dos metacrilatos”, sinalou a deputada popular Soraya Salorio.

Na súa intervención, a deputada popular lembrou que a pasarela de Camariñas está localizada en terreos sobre os que rexe un convenio entre a Portos de Galicia e o Concello en virtude do cal este último asume a conservación das instalacións dado o seu uso común e social.

“Deste xeito, Portos de Galicia está a cumprir o seu compromiso de estudar a fórmula para reforzar os paneis laterais da pasarela para evitar a rotura periódica dos metacritalos, proposta que trasladará ao Concello para o seu coñecemento”, sinalou.

Así mesmo, Soraya Salorio destacou que Portos de Galicia “está a atender as necesidades do día a día do porto de Camariñas de xeito periódico, e mostra disto é que leva investidos neste concello cerca de 14,5 millóns de euros desde 2009”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.