O Parlamento reitera ao Goberno central a demanda para que inicie de maneira urxente a recuperación do Pazo de Meirás para o patrimonio público

O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento, logo dunha transacción realizada co BNG, a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se reitera ao Goberno central a demanda para que inicie de maneira urxente as accións legais pertinentes para recuperar o Pazo de Meirás para o patrimonio público.
Por o 12/06/2019 | Sección: Partido Popular,Política
O Parlamento reitera ao Goberno central a demanda para que inicie de maneira urxente a recuperación do Pazo de Meirás para o patrimonio público
Compartir en:

O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento, logo dunha transacción realizada co BNG, a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se reitera ao Goberno central a demanda para que inicie de maneira urxente as accións legais pertinentes para recuperar o Pazo de Meirás para o patrimonio público.

Así mesmo, amósase o rexeitamento polo uso deste BIC para facer apoloxía da ditadura franquista e do ditador, ao tempo que se solicita que se leven a cabo as accións precisas para deixar sen efecto os títulos nobiliarios do Señorío de Meirás e Ducado de Franco.

A deputada popular María Antón Vilasánchez salientou que “a altura de miras de todos os grupos parlamentarios permitiunos chegar a un acordo porque compartimos un mesmo obxectivo: a recuperación do Pazo de Meirás para o público e rexeitar a utilización deste BIC para exaltar o réxime franquista ou o ditador”.

“Non é a primeira vez que o Grupo Popular condena publicamente, de xeito firme e rotundo, calquera utilización do Pazo de Meirás para facer apoloxía do franquismo, e seguiremos facéndoo as veces que sexa necesario, do mesmo xeito que a Xunta de Galicia, en cumprimento das súas competencias, seguirá aplicando a lexislación vixente”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.