O parque da rúa Venezuela duplicará a súa superficie de xogo e reforzará a seguridade

Os estudantes dos tres colexios próximos á rúa Venezuela e os veciños da zona poderán gozar en menos dun mes do parque remodelado, cunha superficie de xogos case duplicada. Outro dos asuntos que nos que o rexedor fixo fincapé esta mañá foi no aumento da seguridade.
Publicado por o día 15/05/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O parque da rúa Venezuela duplicará a súa superficie de xogo e reforzará a seguridade

O alcalde eloxiou esta mañá os “excepcionais” traballos de ampliación do parque da rúa Venezuela que permitirán case duplicar á área, cun orzamento de 766.000 euros. As obras incluíron a impermeabilizouse da praza, a colocación dunha xardinera lateral e novas beirarrúas, unha escalinata de acceso e pasos de peóns con resalto, semaforización e balizas para peóns, novos pechamentos acristalados para mellorar a seguridade, ademais dunha nova área de xogos, baranda e chan de goma de cores.

Desde o ano 2007, construíronse o renováronse 150 parques e nestes momentos estase a traballar coa vista posta en macro parques, que se veñen sumar ao de Castrelos. Concretamente, van comezar en breve as obras na Praza Independencia (200.000 euros); Navia (1,1 millóns); Barreiro (200.000 euros) e Pedro Alvarado (500.000 euros). Tamén está prevista a reforma de Bouzas, rúa Coruña, Jenaro de la Fuente e Maruja Mallo.

Na rúa Venezuela-unha das máis densamente poboadas de Vigo- tamén se están a substituír 1,5 km de tubaxes de abastecemento e, a este respecto, o rexedor lembrou que durante o seu mandato xa se renovaron 350 km de redes e destacou que na rúa Venezuela o goberno local atopou tubaxes de abastecemento de fibrocemento.

A esta obra sumarase a principios do mes de xuño é a humanización integral da rúa, a propósito da construción do carril bici, desde a Praza do Bicentenario ata a confluencia con Pizarro. O carril bici vaise desenvolver en 5 fases construtivas e o orzamento elévase a case seis millóns de euros, que son sufragados por Deputación e Concello, nun 60% e nun 40%, respectivamente.