O parque Eduardo Blanco Amor entra en funcionamento

Por o 15/03/2019 | Sección: Galicia,Redondela
O parque Eduardo Blanco Amor entra en funcionamento

Desde este xoves os veciños de Redondela poderán disfrutar xa do parque Eduardo Blanco Amor, situado no Salgueiral, en Redondela. As instalacións infantís contan cun panel de debuxos do autor David Rodríguez e hai unha versión para adultos e outra versión para as crianzas.

A escolla de Blanco Amor débese á relación que Redondela mantén con este autor dende hai moitos anos cando convocou por vez primeira o premio de novela que leva o seu nome e hoxe é un dos certames máis importantes de Galicia.

Este será o primeiro doutros parques adicados a persoeiros da cultura galega. Con esta iniciativa, promovida polo Servizo de Normalización Lingüística, procúrase socializar nomes de persoas que teñen traballado a prol da cultura e lingua de Galicia. É unha maneira de recoñecer publicamente a súa dedicación e tarefa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.