O Parque público “Atalaya” victima do vandalismo

A vitima unha mesa de pedra de 10 centímetros de grosor apareceu o domingo totalmente esnaquizada e cos catro bancos esnaquizados e tirados entre as plantas
Por o 13/08/2019 | Sección: Galicia,Sucesos,Vigo
O Parque público “Atalaya” victima do vandalismo
Compartir en:

A zona verde “Atalaya” situada nas proximidades do Instituto da Hispanidade ten nun estanque de 160 metros cadrados con tres caídas o seu principal elemento referencial.

O xardín, de algo máis de 3.000 metros cadrados e deseñado por Cespa, a concesionaria daquel entón do mantemento das zonas verdes, conta cunha zona boscosa ou área de estar de aproximadamente 500 metros cadrados, con macizos, vivaces e árbores de distintas especies, entre as que se atopan cedros, haxas, carballos ou piñeiros. Habilitáronse ademais paseos, de formigón ou xabre e zonas de estancia, “para que se poida estar tranquilamente tombados sobre a herba”.

Ao tratarse dunha parcela en pendente, o que facilitou a construción do citado estanque que conta con dúas fervenzas en pedra e auga en circuíto pechado con electrobombas, que foi necesario levar a cabo o movemento duns 500 metros cúbicos de terra.

Na zona de estar, con forma de semilúa e piso de lousa, instaláronse mesas e bebedoiros.

Unha das mesas sufriron un acto vandálico, mesa de pedra de 10 centímetros de grosor apareceu o domingo totalmente esnaquizada e cos catro bancos esnaquizados e tirados entre as plantas, así nos informa Jorge C. Alonso a este diario.

Segundo Jorge di que chamou ao 092 no cal lle contestaron “non presenta perigo para os viandantes xa cando poidan mandarán a alguén”, Jorge móstrase molesto e afirma “o lóxico sería enviar canto antes a algún axente para visualizar a zona, ver se hai algo que lles leve por unha pista, pegadas, ver se hai cámaras de chalés próximos ou no Instituto, etc…”.

O parque foi inaugurado pola alcaldesa Corina Porro no 2006.

Fotos do lugar dos feitos

Comentar noticia

Your email address will not be published.