O Partido Popular de Mos segue enganando a veciñanza coa súa xestión

Publicado por o día 05/04/2018 na sección de Galicia,Mos,Política,PSOE

O Partido Popular de Mos segue enganando a veciñanza coa súa xestión

O vindeiro 9 de abril celebrárase o pleno mensual do Concello de Mos, no que o goberno do Partido Popular leva un recoñecemento extraxudicial por valor de 619.609€. Esta cantidade responde a facturas do ano 2017 fora de presuposto, sendo este o terceiro recoñecemento extraxudicial que leva a pleno neste 2018. Esta é unha estrataxema usada pola rexedora local coa que engana a veciñanza dicindo que cerra os ciclos económicos en positivo, o cal é mentira porque non responde as súas obrigas “en tempo e forma” como ela afirma unha e outra vez. Estanse deixando facturas sen pagar para cerrar en positivo, cousa que dubidamos que poida facer este ano, e despois presentando recoñecementos nos anos seguintes. A realidade é que aínda se seguen pagando facturas de anos atrasados que non foron xestionadas facendo que aumente cada vez máis a débeda municipal nestes 10 anos de goberno do Partido Popular.

O Partido Socialista quere deixar patente que este non é o único engano, xa que presume dunha subida no presuposto deste 2018 de máis de 700.000€. Este incremento afirma deberse a ingresos reais sen dar máis datos, o que oculta é que é procedente da regularización catastral que se fixo sobre 2.000 vivendas da localidade. Arevalo afirma “trátase dun presuposto pensado por e para as persoas”, cando a realidade é que está afogando a veciñanza mosense cos seus impostos para incrementar os presupostos anuais.

A bancada socialista esíxelle a rexedora local que deixe de enganar, non bote balóns fora culpando a Deputación de cousas que non lle competen e despois de 10 anos de goberno xa vai sendo hora de que asuma responsabilidades. Con esta subida dos presupostos esperan que sexa quen de xestionar eficientemente os fondos públicos locais sen ter que recorrer a recoñecementos extraxudiciais.