O Pavillón de Goián acolle unha nova edición do mercadiño e exposición de motos antigas

Organizado pola Asociación de amigos das motos antigas “Dalle Gas”, coa colaboración do Concello de Tomiño, a feira celebrarase sábado e domingo vindeiros de mañá e tarde
Publicado por o día 29/10/2019 na sección de Galicia,Tomiño

O Pavillón de Goián acolle unha nova edición do mercadiño e exposición de motos antigas

A Asociación de amigos das motos antigas “Dalle Gas”, coa colaboración do Concello de Tomiño, organiza a vindeira fin de semana (sábado 2 e domingo 3 de novembro) o XVI Mercadiño e exposición de motos antigas, no pavillón de Goián.

A gran feira de recambios para as motos antigas e tamén para coches clásicos poderá visitarse o sábado, 2 de novembro, de 10.00 a 16.00 e de 18.00 a 20.00 horas, e o domingo (3 de novembro), de 10.00 a 16.30 horas, ininterrompidamente.

Numerosos profesionais do sector e amantes das motos antigas e coches clásicos, danse cita cada ano neste evento, no que tamén pódense atopar ferramentas, miniaturas e un longo etcétera.

Comentar noticia

Your email address will not be published.