O Pavillón Óscar Pereiro acolle o Campionato Galego de Kick Boxing

Celebrarase o vindeiro sábado a partir das 16.30 horas
Por o 13/03/2018 | Sección: Galicia,Mos
O Pavillón Óscar Pereiro acolle o Campionato Galego de Kick Boxing

O vindeiro sábado 17 de marzo terá lugar en Mos o Campionato Galego de Kick Boxing (Full Contact). Celebrarase no Pavillón Óscar Pereiro organizado pola promotora Round Galicia e coa colaboración do club local Kick Boxing Mos, dirixido por Juan Alonso.

O club mosense contará con dous representantes veciños do municipio participando neste Campionato Galego. Trátase do bicampión galego e bronce nacional, Juan Rivera, e do debutante Alberto, que terá a honra de facer o seu debut na súa terra e rodeado da súa xente.

Este Campionato ten unha gran importancia, xa que os gañadores serán os que representen á Selección Galega nos Campionatos de España.

O vindeiro sábado as eliminatorias empezarán ás 16:30 horas da tarde e as finais a partir das 21:00 horas. As entradas terán un prezo de 10 euros bancada e 12 euros cadeira.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.