O Pazo provincial da Deputación tinguirase de verde con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras

A institución provincial súmase a FEGEREC iluminando o Pazo provincial desde a tarde do venres 28 de febreiro ata o domingo 1 de marzo
Publicado por o día 28/02/2020 na sección de Deputación de Pontevedra

O Pazo provincial da Deputación tinguirase de verde con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras

A Deputación de Pontevedra iluminará desde hoxe o Pazo provincial de cor verde para conmemorar o Día Mundial das Enfermidades Raras e así unirse ás reivindicacións da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC). Con esta iniciativa, que se alongará desde a tarde do venres ata o domingo 1 de marzo, preténdese visibilizar as persoas que sofren enfermidades minoritarias e impulsar a investigación.

Este 2020 desde a Federación Española de Enfermidades Raras propúxose o lema “Crecer contigo, a nosa esperanza”. Nesta ocasión o obxectivo será poñer de manifesto o papel do movemento asociativo, valorizando o traballo das entidades e das persoas que traballan por mellorar a vida daquelas e daqueles que sofren algunha enfermidade rara. En concreto, quérese destacar o seu papel como impulsoras e impulsores da investigación, como axentes que ofrecen servizos e como transformadoras e transformadores sociais.

Comentar noticia

Your email address will not be published.