O peche do centro comercial Dolce Vita na Coruña, un anuncio do que pasaría con PORTOCABRAL

Publicado por o día 28/01/2014 na sección de Vigo

O peche do centro comercial Dolce Vita na  Coruña, un anuncio do que pasaría con PORTOCABRAL

Tralo peche do centro comercial Dolte Vita, ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS de Vigo manifesta unha vez máis a súa oposición ao proxecto de PORTOCABRAL.

Para Alternativa Galega de Esquerdas de Vigo, o peche do centro comercial Dolce Vita na Coruña é un anuncio do que pasaría co macrocentro comercial PORTOCABRAL de levarse a cabo en Vigo, e que suporía ademáis unha grave ameaza para os centros comerciais xa existentes e para o comercio local.

Para AGE Vigo resulta incomprensible que incluso tras a votación en contra da Comunidade de Montes de Cabral, dende o concello se siga apoiando este proxecto en connivencia coa empresa EuroFund.

Recordan a Abel Caballero que Dolce Vita tamén prometía a creación de miles de postos de traballo como agora fan os promotores de PortoCabral, e que só cinco anos despois da súa apertura pecha as súas portas debido ao baixo nivel de ocupación (menos do 8%).

Despois de ver o fracaso estrepitoso do centro comercial Dolce Vita, pídenlle ao alcalde de Vigo Abel Caballero e á concelleira de urbanismo Carmela Silva que tomen nota e reflexionen sobre o agravio para o comercio local e os centros comerciais da cidade que suporía PORTOCABRAL, destruindo ademáis o parque forestal de Cotogrande, zona natural e de recreo moi importante para a cidade.

Dende Alternativa Galega de Esquerdas esixen que dende o Concello se protexa os montes de Cabral e o comercio local da nosa cidade fronte a intereses especuladores. Tampouco entenden a actitude ante as ultimas novas publicadas da xunta directiva da comunidade de montes, que en vez de defender a decisión tomada pola maioria dos comuneiros insta a acelerar o proceso de ordeación, tendo que respetar a decisión da maioría que representan.

Coordinadora AGE Vigo