O perfil das persoas con alzheimer cambiou e temos que facer fronte a esta realidade

Coincidindo co 25 aniversario de Afaga e o lema, 25 Anos ao teu Lado, a asociación quere salientar a figura da persoa coidadora
Publicado por o día 18/09/2019 na sección de AFAGA,Galicia,Social,Vigo

O perfil das persoas con alzheimer cambiou e temos que facer fronte a esta realidade

O vindeiro sábado, 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzheimer, e este ano, coincidindo co 25 aniversario de Afaga e o noso lema, 25 Anos ao teu Lado, a asociación quere salientar moito a figura da persoa coidadora.
 
Nos últimos anos produciuse unha evolución na realidade das enfermidades neurodegenerativas. O diagnóstico é cada vez máis temperán e o perfil da persoa enferma ha cambiado, teñen un grao de autonomía bastante elevado e en moitas ocasións son conscientes da realidade que viven.
 
Ao mesmo tempo, evolucionaron tamén as contornas das persoas afectadas. As familias son máis pequenas e os seus membros teñen responsabilidades laborais. Neste sentido, Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga, insiste na necesidade de ser conscientes de que “hai que afrontar a atención ás persoas con demencia dunha forma mixta. É dicir, os coidadores familiares teñen que estar apoiados por profesionais que reforcen e especialicen ese coidado. Isto cada vez é máis importante, e se as administracións non toman partido ou non saben facerlle fronte, pode ter consecuencias moi negativas na nosa sociedade”
 
Por tanto, é tan necesaria a implicación social, que afortunadamente cada vez é maior, como a implicación dos responsables das políticas sociais.
 
Con estas reivindicacións como pano de fondo, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia organizou varias actividades: