O persoal de Barreras volve á rúa para reclamar a implicación da Xunta na crise do estaleiro

O comité convocou unha manifestación coincidindo con outra xornada de paros
Publicado por o día 19/11/2019 na sección de CC.OO,CIG,Galicia,Protestas,Sindicatos,UGT,Vigo,Xunta de Galicia

O persoal de Barreras volve á rúa para reclamar a implicación da Xunta na crise do estaleiro

O cadro de persoal de Barreras mobilizouse hoxe de novo polas rúas de Vigo para reclamar a implicación da Xunta de Galiza na grave crise que atravesa o estaleiro. Traballadores/as e delegados/as sindicais da CIG, CCOO e UGT marcharon en manifestación dende as instalacións da empresa en Beiramar até a delegación da Xunta coincidindo con outra xornada de paro de catro horas convocada polo comité.

Corina Porro reúnese co comité de empresa de Barreras

A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, recibiu hoxe no seu despacho ao Comité de empresa de Barreras.

Comentar noticia

Your email address will not be published.