O persoal de Salvamento, Socorrismo e Accesibilidade ao Baño de Vigo mobilizouse no día de hoxe

Publicado por o día 27/07/2019 na sección de CC.OO,CIG,Galicia,Protestas,Sindicatos,Vigo

O persoal de Salvamento, Socorrismo e Accesibilidade ao Baño de Vigo mobilizouse no día de hoxe

A concentración tivo lugar diante do posto de emerxencias de Samil na que foi combocado o cadro de persoal do servizo, trala decisión tomada en asemblea.

O delegado de persoal de CCOO salienta a necesidade da mellora e dignificación do Servizo, que ten que pasar por un aumento orzamentario e polo cumprimento por parte da Empresa do Convenio Colectivo e do Prego Municipal.

Así mesmo, Alberto López recalca que a Empresa ademais de incumprir o Convenio, discrimina salarialmente aos traballadores e está tratando de modificar sustancialmente as condicións contractuais das traballadoras e traballadores de xeito unilateral.

A totalidade da representación sindical na Empresa (CCOO e CIG) foron parte da xornada realizada no día de hoxe unha hora antes do inicio do servizo de praias como reivindicación central “Salvamento, Socorrismo e Accesibilidade en loita por un traballo digno”.

Discriminación laboral

Ademais rexeitan o que consideran unha discriminación entre o cadro de persoal, xa que a empresa trae a Vigo socorristas doutros puntos do Estado aos que lles abona un salario superior, permitíndolles tamén librar todas as fins de semana.

Estas cuestións foron denunciadas xa diante da Inspección de Traballo, ao tempo que a maioría dos arredor de 55 traballadores/as de Move Servicios de Ocio.

Outros incumprimentos

Outros incumprimentos teñen que ver cos cadrantes da quendas de traballo, que son comunicados con moi pouca antelación: o do mes de xullo foi entregado o 29 de xullo, cando teñen que ser comunicados con tempo suficiente para coñecemento do persoal; ou co feito de que o cómputo da xornada sexa incorrecto, ademais de non permitir escoller o pago das horas feitas a maiores xa que que a empresa opta por impoñer días de descanso. Os traballadores/as tamén se queixan de que a dirección lles reduce a xornda de xeito unilateral e arbitrario.