O persoal de Siemens Gamesa afirma que a planta das Somozas é competitiva

Os traballadores concentráronse este xoves fronte á delegación da Xunta en Ferrol

O persoal da planta das Somozas concentrouse este xoves fronte á delegación da Xunta en Ferrol para reivindicar que a factoría, ameazada de peche, é competitiva. Lamentaron, así mesmo, que a empresa persista na súa negativa a atender as alternativas propostas tanto polos sindicatos como polos Gobernos galego e central. Na concentración tiveron o apoio de traballadores das empresas auxiliares e tamén de operarios de Navantia.

O vindeiro martes, 19 de xaneiro, constituirase en Madrid a mesa de negociación do expediente de regulación de emprego (ERTE) extintivo que afectará ás plantas das Somozas e Cuenca. Na localidade manchega perderíanse 51 postos de traballo e catro veces máis en Galicia, 215.

A partir de aí comezarían a correr os prazos, un mes para a culminación das negociacións. Os sindicatos manteñen que a planta galega é viable e esixen que se invista nela e se xere emprego na comarca de Ferrol, especialmente tendo en conta a importancia que cobrarán as enerxías renovables nos próximos anos, con concursos xa en marcha.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM