O persoal dos estaleiros Vulcano concentronse diante do Parlamento de Galicia rematado a marcha a pé desde Vigo

A concentración tivo lugar esta mañá, día 4 de outubro, ás 12:30 horas
Publicado por o día 04/10/2019 na sección de Galicia,Naval,Sindicatos,Vigo

O persoal dos estaleiros Vulcano concentronse diante do Parlamento de Galicia rematado a marcha a pé desde Vigo

O persoal dos estaleiros Vulcano rematou esta mañá de venres a marcha a pé desde Vigo iniciada o martes. O percorrido concluiu ás 12:30 cunha concentración diante do Parlamento de Galicia onde varios representantes de diferentes índoles partidarias acudiron a sua chegada.

Con esta marcha, os traballadores e traballadoras dos históricos estaleiros vigueses —actualmente en liquidación— pretenden que a Xunta de Galicia cumpra os compromisos adquiridos de conseguir un investidor que manteña a actividade industrial e os postos de traballo.

Desde que saíron de Vigo o pasado martes, día 1, reuníronse coa alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, co alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, e hoxe mesmo con varios membros da corporación municipal de Padrón.

Comentar noticia

Your email address will not be published.