O Pesca II acode á Pobra do Brollón para rescatar a unha muller que sufriu unha caída na Ruta da Castaña

O Pesca II acudiu esta tarde á Pobra do Brollón para rescatar a unha muller que sufriu unha caída mentres realizaba a Ruta da Castaña.

As condicións do terreo, rochoso, esvaradío e de difícil acceso, fixo necesaria a evacuación da ferida no helicóptero Pesca II do Servizo de Gardacostas de Galicia para ser atendida no Hospital de Ourense das lesións provocadas pola caída, concretamente, un traumatismo nas costas e nun brazo.

Foron os organizadores da actividade os que se puxeron en contacto co 112 Galicia para informar da situación e solicitar asistencia médica para a muller. Así, pediuse a colaboración dos servizos sanitarios de urxencia, aos membros do GES de Quiroga e dos Bombeiros de Monforte. Unha vez no lugar e vistas as condicións do terreo, solicitouse tamén a intervención dos rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia para realizar a evacuación da ferida por vía aérea.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM