O plan de formación laboral do Concello de Pontevedra está en marcha. Coa semana comezaron os cursos (dous) de Actividades auxiliares de almacén e na próxima semana, o día 10, arrancarán os deAtención á infancia, monitor de ocio e tempo libre e Atención sociosanitara a persoas dependentes en institucións sociais (dous para cada especialidade). As seis accións formativas súmanse aos seminarios en marcha (dous) sobre Viticultura, enoloxía e cata.
O interese da Concellería de Promoción Económica, que dirixe Anabel Gulías, é que a formación impartida ao abeiro do Plan de Emprego municipal sexa un camiño, con posibilidades reais, cara ao mundo do traballo.
Todos os cursos van dirixidos a mozos e mozas menores de 30 anos e inscritos no sistema de garantía xuvenil. O alumnado destes cursos homologados e con titulación habilitante percibe unha bolsa durante o tempo de formación de 15 euros ao día, o que lles suporá 330-350 euros ao mes.
Aínda quedan prazas para estes cursos, as persas interesadas deben cubrir a seguinte SOLICITUDE: http://www.proxectoiles.eu/PONTEemprego/ILES_VI/Fichas_especialidades/Solicitude %20Cursos.pdf e adxuntar a documentación solicitada e presentala en ILES VI – CONCELLO DE PONTEVEDRA na Casa da Luz do Concello de Pontevedra, sito na Praza da Verdura – Pontevedra
Características dos cursos:
• Actividades auxiliares de almacén. Dous cursos. 15 alumnos/as por curso. 370 horas (on line e presenciais, 220 máis 150 horas de práctica). Comezaron 3 de setembro
• Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións socias. Dous cursos. 15 alumnos/as por curso. 530 horas de formación (on line e con clases presenciais, 370 horas teóricas máis 80 horas de prácticas). Comezan o 10 de setembro
• Atención á infancia, monitor de ocio e tempo libre. Dous cursos. 15 alumnos/as por curso. 360 horas de formación (on line e presenciais, 210 teóricas máis 150 horas de prácticas). Comezarán o 10 de setembro
• Viticultura, enoloxía e cata. 360 horas de formación. (presenciais, 210 teóricas máis 150 de prácticas). Comezaron o pasado 27 de agosto.
Paralelamente ao desenvolvemento das accións formativas do Plan municial para o emprego, o Concello avanza no expediente para o recoñecemento do Pazo da Cultura como centro homologado para a formación no emprego, unha tramitación na que están implicadas outras administracións. Os requisitos son moi esixentes: instalacións para formación teórica, dispoñibilidade de equipamentos para prácticas, espazos para dirección, orientación, etc…e a definición das familias profesionais coas que se pretende traballar.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.