O Pleno apoia a moción do BNG, sobre o Día da Non Violencia contra as Mulleres, malia oposición do goberno de Javier Bas

Publicado por o día 03/11/2018 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela

O Pleno apoia a moción do BNG, sobre o Día da Non Violencia contra as Mulleres, malia oposición do goberno de Javier Bas

Xoán Carlos González critica que o Centro de Información ás Mulleres leve máis de tres meses sen psicóloga.

Na sesión plenaria do mes de outubro, o voceiro nacionalista defendeu unha moción “en conmemoración do Día da Non Violencia Contra as Mulleres”. O motivo de presentala case cun mes de adianto, obedece a que este ano ao igual que o pasado, o Pleno celebraríase despois do 25 de novembro, co cal perderíase a posibilidade do debate político.

Atinou o edil nacionalista na presentación da moción, posto que entre os acordos recollíase que o goberno municipal asistise a todas as mobilizacións en contra da violencia de xénero que se celebran en Redondela, ao longo do ano. Prantexou o recoñecemento como vítimas de feminicidio, todas aquelas que o son por cuestión de xénero, facendo mención expresa ao inicio de cada Pleno. Outros acordos demandaban maior inversión da Xunta na protección das vítimas, ademais de dar pasos en firme nas distintas regulamentos e acordos a prol da protección das mulleres.

Non gustou ao goberno municipal de Redondela que o BNG presentara esta moción. “Pretendía desvincular debate político coa situación de violencia extrema que sofren moitas mulleres”, afirma Xoán Carlos González. “Dende o goberno municipal, volveron a tentar desacreditar este tipo de iniciativas, que loitan polos dereitos sociais. Finalmente Javier Bas encabezou a negativa ao apoio á moción”

Durante o debate repasouse o acontecido no último ano, con numerosas iniciativas sociais arredor da defensa dos dereitos das mulleres a viviren en liberdade. Redondela, converteuse nun concello activo, na vangarda que debe ser acompañado por un goberno municipal que realmente crea nestes dereitos, e non unicamente o faga forzado como propaganda política.

Noutro momento do debate o edil nacionalista afirmou “que o Centro de Información ás Mulleres leva máis de tres meses sen psicóloga. Malia que recentemente creouse unha bolsa de emprego, xa dende o inicio da baixa desta profesional sabían que ía a durar bastantes meses. Practicou novamente o goberno de Javier Bas a política de brazos cruzados en materia de políticas sociais, como se en Redondela non houbera demanda desta atención por mulleres que están a sufrir a cotío situacións de violencia de xénero”.

Xoán Carlos González pon como exemplo esta moción, “do paradoxo que sucede no noso Concello, onde a suma dos votos da oposición maioritariamente sacan adiante propostas, que o goberno do PP non vai cumprir, por ser o partido que detenta a alcaldía”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.