O Pleno aproba unha modificación orzamentaria de 1,5 millóns para adquirir os terreos do futuro pavillón de Matamá

O edil de Facenda defendeu esta mañá unha modificación orzamentaria de 1,5 millóns que se usarán para comprar os terreos nos que se vai construír o pavillón de Matamá e para avanzar no Vigo Vertical. As partidas modificadas proceden, entre outras, de baixas nos contratos de asfaltados así como dun reaxuste dos prazos das obras dos accesos da estación do AVE, polo que non se produce menoscabo de ningunha actuación prevista.
Publicado por o día 30/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Pleno aproba unha modificación orzamentaria de 1,5 millóns para adquirir os terreos do futuro pavillón de Matamá

O edil de Facenda defendeu esta mañá unha modificación orzamentaria de 1,5 millóns que se usarán para comprar os terreos nos que se vai construír o pavillón de Matamá e para avanzar no Vigo Vertical. As partidas modificadas proceden, entre outras, de baixas nos contratos de asfaltados así como dun reaxuste dos prazos das obras dos accesos da estación do AVE, polo que non se produce menoscabo de ningunha actuación prevista.

O Pleno aprobou esta mañá unha modificación orzamentaria de 1,5 millóns que servirán para comprar os terreos nos que se vai construír o futuro pavillón de Matamá, ademais de permitir rematar as instalacións deportivas de Quirós, Romil e as dos baixos de Balaídos. Tamén se continuará coa mellora da mobilidade na cidade, adicando parte destes recursos a proxectos do Vigo Vertical como son os ascensores de Marqués de Valterra ou Torrecedeira. Este cambio orzamentario execútase sen menoscabo de actuación algunha xa que as partidas proceden de baixas de contratos de asfaltados, dun reaxuste das obras dos accesos da estación do AVE e da previsión de comprar un espazo para ampliar o colexio Pintor Laxeiro, unha operación que o Concello non realizará ata que a Xunta non asine un convenio que a comprometa como administración competente. A modificación saíu adiante cos votos favorables do goberno local xa que o resto dos grupos votaron en contra.

Orzamento 2020

O goberno local deu conta na mesma sesión plenaria da aprobación das liñas fundamentais do orzamento 2020 nun contexto de estabilidade política e cumprindo estritamente os prazos legais. Unha vez máis, as contas para 2020 se desenvolven nun contexto económico de débeda cero e de non dependencia doutras administracións, aínda que a cidade se conta con aliados como o Goberno Central, a Deputación ou a Zona Franca, ademais dos fondos que proceden de Europa (Fondos Dusi). Tal e como explicou o concelleiro de Facenda, é un orzamento récord -267,7 millóns -moi inversor e moi social que garante ademais a estabilidade e o cumprimento da regra de gasto