O Pleno aprobará o 21 de decembro o inicio da rehabilitación da Panificadora

A Xerencia de Urbanismo emitiu esta mañá un “importante” dictame para que o próximo luns o Pleno da Corporación poida aprobar a “Modificación puntual do Plan Especial do Casco Vello de Vigo para a zona da Panificadora”. Deste xeito, comezará a transformación desta zona nun equipamento público de carácter socio-cultural.
Publicado por o día 15/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Pleno aprobará o 21 de decembro o inicio da rehabilitación da Panificadora

O próximo luns 21 de decembro comezará a recuperación da Panificadora coa aprobación da “Modificación puntual do Plan Especial do Casco Vello de Vigo para a zona”. Con este Pleno extraordinario comezará a transformación dese entorno nun equipamento público de carácter socio-cultural, así como a creación dun novo espazo libre de dominio público, cunha praza arborada que conecta coa Praza do Rei. A reforma deste ámbito -que leva cincuenta anos “abandonada” – prevé protexer os silos, o edificio principal e o almacén. A partir deste momento, será a Zona Franca a que acometa a gran recuperación da Panificadora.

En rolda de prensa, rexedor censurou que o “proxecto herdado do BNG e PP era un proxecto especulativo de torres de oito alturas” que agora vai ser un espazo dotacional e público.

Comentar noticia

Your email address will not be published.