O Pleno aprobará por unanimidade una declaración institucional sobre o Covid-19

A Xunta de voceiros acordou referendar en Vigo a declaración institucional sobre o coronavirus que aprobou por unanimidade a Federación Española de Municipios e Provincias. O texto será aprobado mañá nun Pleno telemático no que o Goberno local dará conta das accións levadas a cabo ata o de agora na loita contra esta pandemia.
Publicado por o día 15/04/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero deu conta esta mañá do acordo alcanzado na Xunta de voceiros para aprobar mañá unha declaración institucional sobre o coronavirus. O texto será o mesmo que se aprobou por unanimidade na Federación Española de Municipios e Provincias.

Respecto da organización da sesión, apuntou que estarán presentes no Salón de Plenos os catro tenentes de alcalde, os voceiros dos grupos, o concelleiro non adscrito, ademais do propio rexedor. O secretario e o interventor estarán separados dos edís para manter as condicións de seguridade, mentres que a responsable de levantar as actas, seguirá o Pleno telematicamente, igual que o resto dos concelleiros da Corporación e dos xornalistas.

Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno Local de mañá xoves adxudicará un contrato de emerxencia para adquirir 4.000 máscaras FFP2 por 35.600 euros, material de protección que chegará en 24 horas e será distribuído  entre o servizo de Benestar Social e o da Policía Local. Na súa habitual rolda de prensa telemática, o alcalde tamén avanzou que se autorizará un contrato de subministro de 24 portátiles para que o persoal municipal continúe co teletraballo, un sistema que funciona moi ben, en verbas do propio rexedor.

Comentar noticia

Your email address will not be published.