O Pleno da Corporación respalda a Declaración de Emerxencia Climática na cidade de Vigo

Publicado por o día 04/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Todos os grupos políticos avalaron esta mañá a petición de Declaración de Emerxencia Climática na cidade de Vigo, apoiando unha moción defendida no Pleno desta mañá pola concelleira do Grupo Mixto, Oriana Méndez. As catro forzas políticas deron luz verde a un texto que foi presentado por colectivos ecoloxistas agrupados na Alianza pola Emerxencia Climática.